De entre as diversas modalidades de protección pública ás unidades familiares que se rexistran nopanorama nacional e internacional destacan aquelas que consisten no ofrecemento de actividades demediación para a solución dos conflictos familiares que poden xurdir de situacións de crise matrimonialou de parella.Este instrumento de mediación familiar non conta, certamente, con tradición aínda nos ordenamentoscontemporáneos, mais a súa efectividade real contrastouse xa dabondo nalgúns ámbitos, mostrándosecomo un instrumento eficaz de solución das discordias entre esposos ou parella e, ó mesmo tempo,como un dispositivo idóneo para resolver, con solucións axeitadas, a problemática que, no ámbitoparticular das relacións paterno-materno-filiais, xorde co gallo deses conflictos familiares.
No contexto internacional, é particularmente salientable nesta materia a Recomendación nº 1 R(98)1 doComité de Ministros do Consello de Europa ós estados membros, que realza a eficacia desta institucióná luz das experiencias obtidas en diversos países, sinalando, entre outros beneficios, que permitemellora-la comunicación entre os membros da familia, reduce os conflictos entre as partes en desacordo,dá lugar a convenios amigables e asegura o mantemento de relacións persoais entre pais e fillos.Advertida, neste senso, a demostrada utilidade desta institución como medio de recomposición áxil eflexible de discordias, principalmente provenientes de supostos de separación e divorcio, consistente naintervención dun terceiro, alleo ás partes en conflicto e experto na materia, para ofrecerlles, co maiorgrao de imparcialidade, propostas de solución das súas desavinzas, chégase ó convencemento danecesidade de proceder a regular aquela, en norma con rango de lei, tamén no ámbito territorial daComunidade Autónoma de Galicia, baixo a consideración principal desta institución como un mecanismocualificado de axuda, de entre os ofrecidos polos poderes públicos galegos en virtude da competenciaque en materia de asistencia social ten asumida a Comunidade Autónoma, para a protección da familia,e particularmente para a protección dos intereses superiores dos nenos e das nenas e do seu benestar,filosofía acorde cos principios recollidos na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e daadolescencia.A figura do mediador familiar perfílase mediante a súa caracterización como un profesionalespecializado, imparcial e independente, do que se require a súa actuación, por iniciativa das partes,para os efectos de facer posible a apertura de canles de comunicación entre elas, proporcionándollescon este fin un procedemento de negociación que lles permita acadar solucións satisfactorias para assúas situacións de conflicto familiar, sen necesidade, polo tanto, de atribuírlle facultades decisorias oudirimentes sobre o conflicto, como é propio das arbitraxes.En efecto, por limitarse a súa función a proporcionarlle auxilio e apoio á negociación entre as partes, asúa actuación materializarase na simple mediación conciliadora ou, de se-lo caso, en propostas desolución que serán aceptadas, ou non, libremente polos suxeitos en conflicto; do que se extrae que estainstitución participa, en realidade, das características técnicas da mediación e da conciliación.Queda así configurada a amentada institución como manifestación dunha actividade de interese público,promovida pola Xunta de Galicia en razón da indubitada utilidade pública que representa a axeitadaorganización e prestación deste servicio para as familias e as unidades de convivencia estable conresidencia en territorio galego, e particularmente para os nenos e as nenas, que, en situación de conflictofamiliar, requiren solución axeitada ós problemas que xorden, para eles especialmente, nos casos deseparación ou divorcio, en canto se refire á súa garda e ó dereito de visita a eles polos seus pais.A partir destas delimitacións previas, a consellería competente en materia de familia, a través da unidadeorgánica que se determine regulamentariamente, exercerá as funcións necesarias para facer efectiva aactividade de mediación familiar a prol de todas aquelas persoas que a precisen e demanden.A lei estructúrase nun título preliminar e dous títulos. O título preliminar, baixo a rúbrica de disposiciónsxerais, recolle aquelas normas que inspiran e configuran os perfís básicos da institución, en canto á súanatureza e significado e ó seu contido e alcance, ós suxeitos ou partes lexitimadas para instala e áscuestións que poden someterse a mediación.
O título I, regulador da ordenación da mediación familiar,divídese en dous capítulos.
O capítulo I dedícase á configuración xurídica da institución da mediaciónfamiliar, da que se destacan as súas características.
O capítulo II ocúpase do desenvolvemento e datramitación das actividades de mediación.
E o título II configura o seu réxime sancionador. Conclúe a leicon dúas disposicións derradeiras, a primeira habilita o seu desenvolvemento regulamentario e asegunda refírese á súa entrada en vigor
.Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.21º do Estatutode Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,promulgo en nome de El-Rei a Lei reguladora da mediación familiar.Título preliminar.
Disposicións xerais
Artigo 1.-Obxecto da lei.
1. É obxecto desta lei a regulación da institución de mediación familiar en Galicia, como método deprocura-la solución dos conflictos que poidan xurdir en supostos de ruptura matrimonial ou de parella.2. A mediación familiar que regula esta lei poderá utilizarse tanto con carácter previo á iniciación deprocedementos xudiciais coma para acharlles saída a procedementos xudiciais en curso, co fin de obtersolucións ás causas determinantes dos conflictos matrimoniais ou de parella.
Artigo 2.-Concepto de mediación.
Por mediación familiar entenderase, para os efectos desta lei, a intervención dos profesionaisespecializados requiridos voluntariamente e aceptados en todo caso polas partes en condición demediador. Estes serán expertos en actuacións psico-socio-familiares que actuarán en funcións decooperación e auxilio a aquelas persoas que teñen ou tiveron unha relación familiar, para ofrecerllesunha solución pactada á súa problemática matrimonial ou de parella.
Artigo 3.-Finalidade da mediación.
1. A intervención nos conflictos obxecto da mediación familiar terá como finalidade o asesoramento, aorientación e a procura dun acordo mutuo ou a aproximación das posicións das partes en conflicto a prolde regular, de común acordo, os efectos da separación, do divorcio ou da nulidade do seu matrimonio,ou ben a ruptura da súa unión, así como en conflictos de convivencia en beneficio da totalidade dosmembros da unidade familiar.2. Con esa finalidade principal, as persoas mediadoras orientarán a súa actividade a aproxima-loscriterios de cada parte en conflicto, a prol de obter acordos principalmente sobre as relacións paternomaterno-filiais, a custodia e os alimentos logo da ruptura matrimonial ou de parella.
Artigo 4.-Formas de iniciación.
Poderán promove-la mediación familiar:1.-As persoas unidas por vínculo matrimonial, para os efectos de:a) Procurar solucións ás situacións de conflicto que poidan suscitarse entre elas en calquera momentoanterior á incoación dun proceso xudicial sobre a súa situación de crise familiar, mediante ofrecementode propostas de solución que eviten chegar á ruptura do vínculo ou que sirvan para arranxa-lo conflictona vía xudicial.b) Buscar saída pactada ós conflictos suscitados nos procesos xudiciais de separación, divorcio ounulidade que se atopen en trámite, sexa mediante a aceptación de común acordo do convenio reguladorda separación ou do divorcio proposto, ou sexa para a instrumentación dos medios axeitados queposibiliten o mellor cumprimento e execución das sentencias recaídas nos ditos procesos, deconformidade co pactado previamente entre as partes.2.-Aquelas persoas que, tendo formada unha unión estable de parella, entren nunha situación de crisede convivencia e acepten a intervención dunha terceira persoa mediadora que lles ofreza apoio paraatopar solucións pactadas, particularmente no tocante ás súas relacións paterno-materno-filiais.3.-A autoridade xudicial poderá propoñerlles ás partes, de conformidade co previsto na lexislación civil eprocesual, a mediación durante o desenvolvemento dos procesos de separación, divorcio ou nulidade ouen calquera outro suposto de ruptura da convivencia de parella.
Artigo 5.-A figura do mediador.
En cada actuación de mediación intervirá unha persoa que estea inscrita no Rexistro de mediadores.Para estes efectos, as ditas persoas deberán reuni-los requisitos de experiencia profesional e formaciónespecífica que se establezan regulamentariamente, pero en todo caso serán expertos en actuaciónspsico-socio-familiares.
Artigo 6.-Ámbito.
1.As cuestións que poderán someterse a unha actuación de mediación familiar serán todas aquelas,derivadas das relacións persoais ou paterno-materno-filiais, das que poidan facer disposición as partes esexan susceptibles de ser cuestionadas xudicialmente.2. As actuacións de mediación familiar poderán acada-la totalidade das relacións persoais e paternomaterno-filiais ou circunscribirse a unha mediación parcial, limitándose en canto ás relacións persoais áscuestións económico-patrimoniais e en canto ás paterno-materno-filiais ós aspectos do exercicio dapotestade, da custodia ou do réxime de visita dos fillos.3. Esas actuacións deberán estar presididas pola súa orientación preferente á preservación do interesesuperior e o benestar dos fillos, tendo en conta o respecto ó principio de que ámbolos dous proxenitoresmanteñen obrigas comúns no tocante á súa crianza e ó aseguramento, dentro das súas posibilidades emedios económicos, das condicións de vida necesarias para o seu desenvolvemento integral.4. A consellería competente en materia de familia adoptará as medidas apropiadas para axuda-los pais adárenlle efectividade ó dereito referido no apartado anterior, prestándolles, cando sexa necesario,asistencia e programas de apoio.
Título I. Ordenación da mediación familiar
Capítulo I. Características da institución de mediación familiar
Artigo 7.-Características da institución.
1. A mediación é unha institución baseada na autonomía da vontade, na medida en que son as partes enconflicto as que teñen que demandar, pola súa libre iniciativa, a actuación dunha persoa mediadora, e,logo de iniciarse a actuación mediadora, poden manifestar en calquera momento o desistimento ámediación requirida.2. A actividade mediadora terá por obxecto a prestación dunha función de auxilio ou apoio á negociaciónentre as partes, concretándose, se é o caso, na facultade da persoa mediadora de propoñer solucións,que serán aceptadas ou non libremente polos suxeitos en conflicto. A persoa mediadora, baixo esahabilitación, poderá tamén declara-la terminación anticipada das súas funcións conciliadoras, polaimposibilidade de chegar a unha solución pactada do conflicto, nos termos do artigo 15 desta lei.3. A mediación poderá promoverse e concertarse denantes da iniciación das actuacións xudiciais oudurante o desenvolvemento destas, co coñecemento do xuíz neste último suposto.4. En todo caso, a mediación familiar deberá axeitarse no seu desenvolvemento ás disposicións contidasnesta lei.
Artigo 8.-Principios informadores.
1. As actuacións derivadas do procedemento de mediación estarán presididas polos principios devoluntariedade e rogación, e desenvolveranse de acordo cos principios de antiformalismo, flexibilidade,inmediatez, confidencia e segredo.2. O procedemento de mediación deberase desenvolver de acordo cos postulados de imparcialidade eneutralidade da persoa mediadora e deberá quedar garantido que este respectará os puntos de vista daspartes e preservará a súa igualdade na negociación, absténdose así mesmo de promover actuaciónsque comprometan a súa necesaria neutralidade.3. En todo caso, deberá quedar garantido que as decisións que se adopten manterán o respecto ósintereses superiores e benestar dos nenos e das nenas.
Artigo 9.-Gratuidade da prestación.
1. A prestación do servicio de mediación será gratuíta para todas aquelas persoas que reúnan, ou poidanreunir, a condición de beneficiarias do dereito de asistencia xurídica gratuíta, que, baseándose noscriterios establecidos na Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, determinará aconsellería competente en materia de familia. Noutro caso, os interesados deberán aboa-lo importe doservicio, de acordo coas tarifas establecidas na lexislación vixente.2. Cando o beneficio aproveite a un só dos membros da parella, o outro non terá que aboar máis cámetade do custo da actividade de mediación.3. A consellería competente en materia de familia non poderá recoñecer de novo o beneficio damediación gratuíta ata transcorrido alomenos un ano cando as partes en conflicto, ás que lles foseconcedido, impedisen o desenvolvemento da función da persoa mediadora ou fosen as causantes daimposibilidade de adopción do acordo proposto, non sendo que se aprecien circunstancias especiais queaconsellen o contrario.
Artigo 10.-Colaboración das partes.
Durante o desenvolvemento da mediación familiar, as partes terán que mante-lo seu compromiso derespecto ás actuacións promovidas pola persoa mediadora, mantendo unha posición de colaboración eapoio permanente ás súas funcións.
Artigo 11.-Deber de segredo e confidencia.
1. De conformidade co establecido no artigo 8.1 toda a información obtida no decurso da mediaciónestará afectada polo deber de segredo e polo seu carácter confidencial, estando en consecuencia tantoas partes coma a persoa mediadora obrigadas a manteren reserva sobre o desenvolvemento doprocedemento negociador.2. Exceptuánse do disposto no apartado anterior os seguintes casos:a) A información relativa a un procedemento de mediación en curso requirida polo xuíz.b) Toda a información requirida polo ministerio fiscal no exercicio das súas funcións.c) A consulta dos datos personalizados para fins estatísticos.3. Cando no decurso da mediación xurdisen indicios de comportamentos que supoñan unha ameazapara a vida ou a integridade física ou psíquica dalgunha das persoas afectadas pola mediación, aquelespoñeranse inmediatamente en coñecemento da autoridade xudicial ou do ministerio fiscal.Capítulo II.
Desenvolvemento das actuacións de mediación
Artigo 12.-Iniciación do proceso.
1. A mediación poderá iniciarse por petición de ámbolos dous cónxuxes ou de común acordo da parella,ou por solicitude dunha das partes coa aceptación posterior da outra, xa actúen por propia iniciativa ouben por proposta da autoridade xudicial.2. A persoa mediadora, en todo caso, será designada de común acordo polas partes entre as inscritas norexistro a que fan referencia os artigos 5 e 18. De non ser así, terán que acepta-la persoa habilitada edesignada como mediadora pola consellería competente en materia de familia para o desenvolvementodesas funcións.3. Para o caso de que a persoa mediadora sexa designada pola consellería competente en materia defamilia, esta notificaralle o nomeamento á persoa designada.4. Regulamentariamente estableceranse as causas de abstención e recusación.
Artigo 13.-Desenvolvemento do proceso.
1. A actuación mediadora iniciarase a través dunha primeira xuntanza, na que as partes expoñerán osmotivos que as levan a facer uso do servicio. Posteriormente a persoa mediadora expoñerálle-loprograma de actuacións para a súa consideración.2. Logo da exposición da persoa mediadora, as partes manifestarán, ou non, a súa conformidade coassúas propostas. A desconformidade das partes con estas poderá dar lugar á aplicación do disposto noartigo 15 desta lei.3. En calquera momento do proceso, as partes poderán manifesta-lo seu desacordo coa persoamediadora por elas designada de común acordo, rexeitando a súa intervención. Neste suposto poderánconvi-la designación dunha nova persoa mediadora ou, noutro caso, aceptarán a persoa designada polaconsellería competente en materia de familia, nos termos previstos no artigo 12.2 desta lei.4. De cada unha das sesións elaborarase un informe, no que se fará mención do lugar e da data da súarealización e das circunstancias baixo as que discorreu aquela, con indicación particular das incidencias xurdidas no seu desenvolvemento.
Artigo 14.-Duración do proceso.
1. O tempo de duración da mediación será o que sexa preciso en atención ó número e á complexidadedas cuestións conflictivas suscitadas polas partes. En calquera caso, non excederá de tres meses, quese contarán desde a data da xuntanza inicial, agás que as partes en conflicto e a persoa mediadorapropoñan e xustifiquen a necesidade dunha prórroga deste prazo, que non poderá exceder doutros tresmeses.2. No transcurso da actuación mediadora, a persoa mediadora poderá solicitar toda a axuda e oasesoramento que precise da consellería competente en materia de familia para o mellordesenvolvemento da súa actividade.
Artigo 15.-Formas de terminación.
1. De mediar acordo voluntario entre as partes sobre o obxecto da mediación darase por concluída estae estenderase unha acta sobre o desenvolvemento das actuacións e os termos do acordo acadado.2. A mediación poderá rematar tamén cunha proposta da persoa mediadora aceptada polas partes naacta. Esta aceptación das partes poderá ser total ou parcial, consignándose así na dita acta.3. Para o caso de que fose imposible chegar a un consenso sobre o obxecto da mediación, faraseconsta-la causa ou as causas e darase por rematada a actividade mediadora en calquera momento doseu decurso, baixo a sinatura, así mesmo, da acta polas partes.
Artigo 16.-Deber de comunicación.
1. As persoas mediadoras, logo de estendidas as actas finais e de asinadas por elas e polas partes,deberanlle comunicar á consellería competente en materia de familia os datos de cada mediación paraefectos estatísticos, respectándose en todo caso a confidencia e o anonimato dos usuarios do servicio.2. Por petición da autoridade xudicial a consellería competente en materia de familia poñerá no seucoñecemento o obxecto da mediación, as actuacións promovidas pola persoa mediadora e o acordo finalacadado, se é o caso, polas partes, con expresión do seu contido, ou a imposibilidade de chegar a el.
Artigo 17.-Seguimento, control e avaliación da mediación familiar.
A consellería competente en materia de familia, a través da unidade orgánica que se determineregulamentariamente, exercerá en materia de mediación familiar as seguintes funcións:a) Realiza-lo estudio e a promoción das técnicas de mediación familiar, delimitando, se é o caso, normasde boa práctica que deberán ser seguidas polas persoas mediadoras.b) Mante-las relacións oportunas coa autoridade xudicial a prol de potenciar e instrumenta-lasactividades de mediación familiar.c) Facilita-lo acceso a esta institución como medida de apoio á familia nas situacións de conflicto.d) Designa-la persoa mediadora cando non o fagan as partes.e) Ofrecerlles apoio e asesoramento ós mediadores cando estes o precisen para o mellordesenvolvemento da súa actividade.f) Avalia-los procesos de mediación e resolve-las cuestións que se susciten nestes.g) Homologa-la formación e cualificación dos mediadores familiares.h) Coordinar, controlar e xestiona-lo Rexistro de mediadores familiares.i) Elabora-los informes que lle sexan requiridos e eleva-las propostas que se coiden oportunas a prol demellora-la implantación e potenciación do servicio de mediación.j) Divulgar cumpridamente a institución da mediación familiar.
Artigo 18.-Rexistro de mediadores.
1. A consellería competente en materia de familia dispoñerá dun Rexistro de mediadores, no que seinscribirán as persoas que reúnan os requisitos de capacidade e aptitude para o desempeño destafunción, nos termos expresados no artigo 5.2. A súa organización e funcionamento concretarase regulamentariamente.
Título II. Réxime sancionador
Artigo 19.-Potestade sancionadora.
O incumprimento dos deberes que incumben as persoas mediadoras segundo esta lei, en canto supoñanactuacións ou omisións constitutivas de infracción, dará lugar ás sancións que correspondan en cadacaso, logo da instrucción dun expediente contradictorio.
Artigo 20.-Infraccións.
Sen prexuízo de que sexan constitutivas de delicto, as infraccións cometidas polos mediadores familiaresno exercicio da súa función poderán ser moi graves, graves ou leves.
Artigo 21.-Infraccións moi graves.
Son infraccións moi graves:a) Toda actuación que supoña unha discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión,lugar de nacemento, veciñanza ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social das partessometidas á mediación.b) O abandono da función mediadora sen causa xustificada sempre que supoña un grave prexuízo paraos menores implicados no proceso.c) O incumprimento do deber de confidencia de acordo coa regulación do artigo 11 desta lei, agás nosuposto de perigo para a integridade física ou psíquica dalgunha das persoas implicadas na mediación,de acordo co que se establece no apartado 3 do mencionado artigo.d) O incumprimento do deber de neutralidade regulado no artigo 8.2 desta lei.e) A adopción de acordos manifestamente ilegais que lles causen prexuízo grave á administración ou áspartes sometidas á mediación.f) Ter sido sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período dun ano.
Artigo 22.-Infraccións graves.
Son infraccións graves:a) O abandono da función mediadora sen causa xustificada.b) A negativa a proporciona-la información sobre un procemento de mediación en curso cando esta sexarequirida pola autoridade xudicial ou o ministerio fiscal.c) A intervención nun proceso de mediación cando se dea algunha das causas de abstenciónregulamentariamente sinaladas.d) A grave falta de consideración coas partes sometidas á mediación.e) Ter sido sancionado pola comisión de tres faltas leves nun período dun ano.
Artigo 23.-Infraccións leves.
Son infraccións leves:a) O abandono da función mediadora, aínda con causa xustificada, sen comunicalo coa antelaciónsuficiente para que a consellería competente en materia de familia poida dispoñe-la súa substitución.b) A negativa a proporcionarlle os datos personalizados á consellería competente en materia de familiapara fins exclusivamente estatísticos.c) O incumprimento do deber de redacción dos informes e da acta das sesións.d) A dilación do proceso por causa imputable exclusivamente á propia persoa que actúa de mediadora.e) O cobramento pola actividade mediadora naqueles supostos nos que as partes teñan recoñecida agratuidade desta ou ben estean en situación de que lles poida ser recoñecida.f) O incumprimento dos deberes e das obrigas da persoa mediadora, sempre que non deban sercualificadas como infracción moi grave ou grave.
Artigo 24.-Sancións.
Por razón das infraccións a que se refire esta lei, poderán impoñerse as seguintes sancións:a) Baixa definitiva no Rexistro de mediadores nos supostos a), b) e e) do artigo 21.Suspensión temporal para poder actuar como persoa mediadora por un período de seis meses e un díaa un ano nos supostos c), d) e f) do artigo 21.b) Suspensión temporal para poder actuar como persoa mediadora dun día a seis meses polasinfraccións graves do artigo 22.c) Amoestación por escrito, que se consignará no expediente rexistral, nos supostos das infracciónsleves do artigo 23.
Artigo 25.-Procedemento sancionador.
A imposición das sancións administrativas reguladas neste título realizarase de conformidade cosprincipios e logo da instrucción do oportuno expediente establecido no título IX da Lei 30/1992, do 26 dexaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, edemais disposicións que lle sexan aplicables.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase a Xunta de Galicia para dicta-las disposicións que sexan necesarias para odesenvolvemento regulamentario desta lei.Segunda.
- Esta lei entrará en vigor ós nove meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.Santiago de Compostela, catro de maio de dous mil un.Manuel Fraga IribarnePresidente.
Comentário: Em Portugal existe um único Gabinete de Mediação Familiar em Lisboa com competência territorial limitada à área metropolitana de Lisboa. Não existe lei reguladora da Mediação Familiar. Lá vão 5 anos de atraso para a Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário